Arriba
Image Alt

Medidas COVID

Casa das Xacias colabora co sector turístico para reactivar a actividade e garantir a saúde no ámbito da acollida, recepción e atención dos clientes, así como no ámbito laboral das persoas traballadoras.

A Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR), á que pertence Casa das Xacias, colaborou con Turismo de Galicia e Sanidade para a elaboración do Manual para aloxamentos rurais de Galicia ante a COVID-19, que contempla unha serie de medidas e recomendacións para garantir a saúde adaptadas ás singularidades de cada aloxamento.

Casa das Xacias implementou este manual, e continúa facendo os cambios necesarios de acordo a todas as medidas e recomendacións que as autoridades sanitarias van introducindo conforme evoluciona a pandemia.

Manual CovidDentro das medidas que levamos a cabo, inclúense, entre outros aspectos:

  • A formación do persoal
  • Procedementos de limpeza e desinfección
  • Mellora dos servizos e organización para garantir as distancias de seguridade
  • Control de aforo nos espazos de acordo á normativa vixente do momento
  • Aprovisionamento de material de protección
  • Ventilación de espazos constante e renovación e purificación do aire
  • Medidas de protección dos traballadores
  • Xestión de residuos

Recomendacións de seguridade para a túa estancia en Casa das Xacias:

  • Non viaxes se tes síntomas coa COVID-19
  • Lembra que é obrigatorio o uso de máscara
  • Presta atención á sinalización e normativa establecida
  • Saúda de palabra, ou cun xesto, sen contacto físico
  • Lávate as mans con auga e xabón ou xel hidroalcohólico ao entrar e saír. Recoméndase pagar os servizos con medios electrónicos

Casa das Xacias destino Seguro. Galicia destino seguro.

Se vés a Galicia, tes que estar seguro! A Xunta de Galicia ten activado o Seguro de viaxeiros COVID-19. Antes da túa visita a Casa das Xacias, enviarémosche toda a información vixente en cada momento para que viaxes seguro e con garantías, e efectúes os rexistros oportunos se fosen necesarios.

Galicia é un destino seguro que non che podes perder, esperámoste en Casa das Xacias. Queremos axudarche a superar a fatiga pandémica para que poidas volver sentirte libre sen restricións nunha leira con todo o necesario para unha desconexión segura.

Onde podes atoparnos

Localización

Tes algunha dúbida?