Arriba
Image Alt

Axudas COVID

Casa das Xacias, ante a novo paradigma post COVID, quixo adaptarse ás necesidades dos clientes creando novos espazos ao aire libre na finca e ofrecendo novos servizos, entre eles unha área de recreo con piscina e un salón aberto no xardín, que se incorporaron aos servizos de Casa das Xacias no ano 2021 e 2022.

Para este proxecto obtívose financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo de desenvolvemento Rexional (FEDER) como resposta de apoio aos sectores afectados pola COVID-19 dentro do Proxecto de mellora das instalacións do aloxamento.

“Unha maneira de facer Europa”

Dentro destas medidas de apoio da Unión Europea, tamén se obtivo financiamento no ano 2021 para equipamentos post COVID en establecementos hostaleiros, a través do FEDER, para axudar na medida do posible ao cumprimento dos novos protocolos de limpeza. Adquiríronse novos equipos de limpeza, así como cambio de materiais como tapizados de sofás, cadeiras e cortinas que garantisen unha limpeza correcta. A lencería das habitacións tamén se cambiou, substituímos as colchas tradicionais de fío por edredones nórdicos, coxíns e almofadas con fundas lavables para un único uso por cliente en cada lavado. E, como sempre, seguimos ofrecendo sabas de algodón, toallas de piscina e toallas de baño de alta calidade así como unha lencería coidada para dar o mellor servizo aos nosos clientes.

Programa Bono enerxía Peme 2023
Onde podes atoparnos

Localización

Tes algunha dúbida?