Arriba
Image Alt
Turismo de Calidade

Calidade

Comprometidos

Calidade

Apostamos pola Calidade Turística

Casa das Xacias apostou pola calidade desde a súa apertura obtendo diferentes certificacións de calidade: Compromiso de Calidade Turística (2008), Q Turística (2014), Galicia Calidade (2017).

Na actualidade, nunha contorna tan cambiante, entendemos que o modo en que Casa das Xacias pode certificar a súa calidade, en consonancia coa súa política de sustentabilidade, é participando no proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido por   a Secretaria de Estado  de Turismo (SETUR), un programa do s. XXI cun enfoque cara á mellora continua e unha actitude de recuperación e posta en valor dos recursos de Ribeira Sacra.

Casa das Xacias adheriuse en agosto do 2021 ao Programa SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos ), e é un dos 33 establecementos distinguidos no período 2020/2021 en Ribeira Sacra.

Con esta adhesión, Casa das Xacias comprométese a ofrecer o mellor servizo aos seus clientes e brindarlles a oportunidade, xunto cos demais establecementos adheridos, de desfrutar de experiencias auténticas cun servizo de calidade homoxéneo, que á súa vez lles permita vivir experiencias personalizadas e únicas durante a súa estancia.

Onde podes atoparnos

Localización

Tes algunha dúbida?