Arriba
Descansa
A túa estancia será un sopro de aire fresco

Descansa

Un sopro de aire fresco

Descansa

Queremos que a túa estancia aquí sexa para ti un sopro de aire fresco. Desexamos que sintas parte desta casa que, aferrada ás súas orixes, evoluciona para expresar un novo concepto de turismo rural no corazón da Ribeira Sacra.

Estamos comprometidos coa historia deste lugar e moi vinculados coa contorna rural. Por iso, cando demos unha segunda vida a esta antiga casa de labranza, fixémolo restaurándoa de forma respectuosa e sustentable. O noso obxectivo é ofrecerche experiencias locais que che seduzan o bastante como para que poidas deterte e sentir con plenitude, antes de comezar de novo. Estamos á túa disposición para axudarte en todo momento e suxerirche recomendacións personalizadas. Pregúntanos como podemos mellorar a túa estancia.

Descansa nesta casa de pedra e madeira e percibe as historias centenarias que encerran as súas paredes. Cada hóspede dispón dun xogo de toallas de algodón orgánico e roupa de cama composta por sabanas de algodón e fundas nórdicas. Para estancias de máis de tres días ofrecemos toallas e sabas de reposición. Tamén dispoñemos de amenities  e secador de pelo.

As nosas habitacións non dispoñen de TV , queremos que a conexión con Casa das Xacias sexa total. Todas as habitacións dispoñen de:

  • Baño privado
  • Calefacción
  • Wifi

A casa ten unha superficie de 490 m2 repartidos en dúas plantas. Á planta baixa accédese a través dun amplo recibidor que dá paso ao comedor, á cociña e ás habitacións nº 5 e nº 6. Neste recibidor hai unhas escaleiras amplas, antigas e orixinais que dan acceso á planta superior. Alí atoparás o corredor que dá acceso ás habitacións nº 1,2,3, e 4.

Nuestras Habitaciones

Habitación Nº1

  • Superficie: 25m2
  • Capacidade 2 adultos + 1 niño
  • 1 cama matrimonio de 150 x 190 cm
  • 1 puff-cama de 80 cm para nenos

Habitación Nº2

  • Superficie: 21m2
  • Capacidade 2 adultos + 1 niño
  • 1 cama matrimonio de 150 x 190 cm
  • 1 puff-cama de 80 cm para nenos

Habitación Nº3

  • Superficie: 15m2
  • Capacidade 2 adultos
  • 2 camas twin de 90 x 190 cm

Habitación Nº4

  • Superficie: 15m2
  • Capacidade 2 adultos
  • 2 camas twin de 90 x 190 cm

Habitación Nº5

  • Superficie: 17m2
  • Capacidade 2 adultos + 1 niño
  • 2 camas twin de 90 x 190 cm
  • 1 puff-cama de 80 cm para nenos
  • Accesible para persoas con mobilidade reducida
  • Planta baixa

Habitación Nº6

  • Superficie: 15m2
  • Capacidade 2 adultos
  • 1 cama matrimonio de 150 x 190 cm
  • Planta baixa
Onde podes atoparnos

Localización

Tes algunha dúbida?