Arriba
Descansa
Preguntas Frecuentes

FAQs

Preguntas Frecuentes

Que son as Xacias?

As xacias son seres mitolóxicos metade peixe metade humanos que habitan nas augas do Miño, tanto nas súas profundidades como nas beiras, en castros e covas, e son protagonistas de lendas moi arraigadas aquí na Ribeira Sacra. Contan que as xacias, moi belas, frecuentemente uníanse a humanos, uns namoramentos que non adoitaban ter final feliz. O río Miño, do mesmo xeito que outros ríos, foi venerado polas culturas primitivas, xa que representaba a mitoloxía hídrica, segundo a cal desde sempre as súas augas estiveron poboadas por seres fantásticos. As xacias parecen estar emparentadas con as selkies irlandesas ou as xanas asturianas. Hai quen di que, pola noite, saen da auga e deambulan por estas terras. Nós sospeitamos que, a miúdo, visitan a nosa casa, que tamén é a súa, E por suposto a vosa.

Como podo reservar Casa das Xacias?

Si xa decidiches aloxarte con nos,  podes realizar a reserva automática a través do noso motor de reservas, ou ben podes contactarnos por mail ou teléfono. Sempre che daremos o mellor prezo garantido.

Unha vez que recibimos a pre-reserva, formalizaremos a confirmación de reserva mediante un link coas instrucións de pago.

Como podo pagar a miña reserva?

Para confirmar o teu reserva, requirimos un entrego a conta de 25% do importe total da estancia, dentro das 24 horas desde a confirmación da pre-reserva.

Isto pode ser realizado mediante transferencia bancaria ou con tarxeta de crédito.

Por favor ten en conta que o seu reserva non está confirmada ata que recibamos o pago.

Hai piscina durante todo o ano?

Non, a piscina está aberta nos meses de verán, de xuño a setembro.

Hai algún produto na cociña dispoñible?

Non, na casa non hai sal, azucre.. ou outros produtos que se comparten nalgunhas casas. Entrégase limpa e non se comparten produtos con outros clientes.

A limpeza está incluída?

O custo da limpeza (final) está incluído na prestación do servizo desde Casa das Xacias.

Desexamos que deixe a propiedade limpa e arranxada como lla atopou á chegada.

Unha limpeza extra durante a súa estancia pode ser contratada, baixo petición coa debida antelación.

Hai xel e champú nas habitacións?

Se, en cada cuarto de baño hai xel, champú e xabón de mans.

Están incluídos a roupa de cama e as toallas?

O custo da roupa de cama e das toallas están automaticamente incluídos na prestación do servizo de Casa das Xacias. As toallas de baño inclúen unha grande e unha pequena, por persoa. Tamén están incluídas as toallas para a piscina.

As mantas e colchas lávanse en cada estancia?

As camas teñen sabas e fundas nórdicas, que se lavan cada cambio de clientes.  Realízase o lavado de fundas de coxíns, almofadas e fundas nórdicas en cada uso.

Hai wifi dispoñible na Casa das Xacias?

Si, a casa ten acceso libre a internet en todas as estancias.

Manteñen limpa a piscina durante a nosa estancia?

Si, a piscina dispón dun sistema de cloración salino que funciona de forma automática, en horario  diario de 12:00  da  noite a 8:00 da mañá.

É requirido un depósito de danos?

A tarxeta asociada á reserva fai de garantía. O depósito de danos é requirido para cubrir casos excepcionais de custos xerados durante a súa estancia.

É posible chegar anticipadamente?

Consulta connosco a posibilidade de facer a entrada anticipada se o seu voo chega cedo, tentaremos facilitarlle a entrada sempre que sexa posible.

É posible facer o check out máis tarde?

Desafortunadamente, en tempada alta non é posible facer o check-out máis tarde, en tempada baixa para estancias de fin de semana pode solicitar a saída tardía ata as 18:00 horas suxeita a dispoñibilidade.

Podo ir con mascota a Casa das Xacias?

Na nosa casa son benvidas vosas mascotas, deberase informar previamente a reserva se se desexa vir con mascota.

Que sucede se teño problemas durante a miña estancia?

Revisamos persoalmente a casa antes da túa estancia e verificamos que todo esté en funcionamento para ter unhas vacacións libres de preocupacións.

De todos os xeitos, se atopas pequenos problemas ou fallos técnicos durante a túa estancia, contáctar ao 616817642 e daremos o mellor de nós para resolvelos tan rápido como sexa posible.

O noso propósito é reparar/ resolver calquera problema en 24 horas (días laborables).

Temos unha petición especial durante a nosa estancia, solicitala é posible?

Por suposto. E estaremos felices de facer que a túa estancia connosco sexa aínda máis memorable.

Simplemente infórmanos dos teus desexos e estaremos felices de axudarche!