Casa das xacias

logo_consorcioCasa das Xacias está no corazón de Galicia e tamén no corazón da Ribeira Sacra. Ríos entre montañas definen a zona cos seus característicos viñedos en muras e a súa peculiar viticultura heroica. Os amantes do bo viño poderán gozar así desta deliciosa denominación de orixe nun marco incomparable.

Tamén a arte románica do medievo é protagonista na Ribeira Sacra, ó que se suman vestixios góticos e renacentistas. Mosteiros e igrexas salpican a zona gardando auténticos tesouros en forma de pinturas murais, talles e arquitecturas varias.

Descubrir pinturas renacentistas, visitar unha adega, pasear en barca e bañarse no río Miño, participar en festas locais, saborear a súa gastronomía, facer sendeirismo ou btt… son moitas as cousas que un pode facer na Ribeira Sacra! Por se fose pouco, pola ribeira chantadina tamén pasa o Camiño de Santiago de Inverno. Un tramo algo complicado que se supera grazas á beleza da paisaxe que o circunda. Tanto a entrada polos Cóbados de Belesar coma a saída polo monte do Faro serán para o peregrino estampas a recordar.