Casa das xacias

logo-Galicia-CalidadeCasa das Xacias é unha casa rural distinguida por Galicia Calidade. Unha antiga casa de aldea edificada nos anos 30 e coidadosamente restaurada no 2001. A casa ten 250 m2 en dúas plantas e 2.500 m2 de terreo privado. Con capacidade para 15 persoas, dispón de 6 habitacións dobres, unha delas adaptada a persoas con mobilidade reducida. Cada unha coas súas propias características, cómodas, acolledoras e con baño propio. Para nenos pódense engadir ademais 3 camas supletorias.

Dispón de salón con cheminea, televisión e xogos de mesa. Comedor, soportal con barbacoa e dous lavabos máis na planta baixa. A cociña está totalmente equipada (lavalouza, microondas, neveira, conxeladora, forno, vitrocerámica e utensilios necesarios). Lavadora. O terreo dispón dunha horta para disfrutar os produtos de tempada, así como unha plantación de vides das diferentes variedades de uvas D.O. Ribeira Sacra. E tamén no exterior, atópanse instalacións de xogos populares.

lugo2Casa Das Xacias ten o distintitivo de LugoO2- AENOR, que fomenta unha rede de hostalaría de calidade na provincia de Lugo potenciando as singularidades do ámbito (produtos autóctonos, valores gastronómicos e naturais) e axuda ó desenvolvemento sostible do territorio, apoiando a posta en valor dos recursos naturais entre os nosos clientes e os veciños da Casa das Xacias.